O sistema operativo GNU - Libre de liberdade
¿Que é o Proxecto GNU?
O Proxecto GNU foi iniciado en 1984 para desenvolver un sistema operativo semellante a Unix que fora software libre: o sistema GNU. As variantes do sistema operativo GNU, que empregan o núcleo chamado Linux, son na actualidade moi utilizadas. Aínda que estes sistemas son coñecidos comunmente coma “Linux”, é máis correcto denominalos sistemas GNU/Linux.
GNU é un acrónimo recursivo para "GNU non é Unix" que na pronuncia galega se deletrea.
¿Que é o Software Libre?
O “Software Libre” ten que ver coa liberdade, non co prezo. Para comprender o concepto hai que pensar en “libre” coma na “liberdade de expresión”, non na “liberdade de beber cervexas e non pagalas”.
O Software Libre ten que ver coa liberdade dos usuarios para executar, copiar, distribuír, estudar, cambiar e mellorar o software. Dun xeito máis preciso, fai referencia a catro tipos de liberdades para os usuarios do software:
- A liberdade de executar o programa para calquera propósito (liberdade 0).
- A liberdade de estudar o funcionamento do programa e adaptalo ás súas necesidades (liberdade 1). O acceso ao código fonte é unha condición previa para isto.
- A liberdade de redistribuír copias de xeito que poda axudar a outros usuarios (liberdade 2).
- A liberdade de mellorar o programa e facilitar esas melloras ao público para que a maioría da comunidade se beneficie (liberdade 3). O acceso ao código fonte é unha condición previa para isto.
¿Que é a Fundación do Software Libre?
A Fundación do Software Libre (FSF) é a principal organización patrocinadora do Proxecto GNU. A FSF recibe pequenos fondos de corporacións ou fundacións que outorgan axudas, pero tamén depende do apoio de persoas coma vostede.
Por favor, considere axudar á FSF converténdose en membro asociado, mercando manuais e ferramentas ou doando cartos. Se vostede emprega Software Libre nos seus negocios, tamén pode considerar un patrocinio corporativo ou unha distribución luxosa de software GNU coma un xeito de apoiar á FSF.
O Proxecto GNU apoia a misión da FSF de preservar, protexer e promover a liberdade para empregar, estudar, copiar, modificar e redistribuír software, e de defender os dereitos dos usuarios do Software Libre. Apoiamos as liberdades de expresión, de prensa e de asociación na Internet, o dereito a empregar software codificado para comunicacións privadas e o dereito a escribir software que non sexa impedido por monopolios privados. Pode aprender máis sobre estas cuestións no libro Software Libre, Sociedade Libre.
Máis información
- Que proporcionamos
- Por que existimos
- Cara onde imos
- Como nos pode axudar a conseguilo
- Quen somos
- Que pensan os usuarios sobre o software GNU
Novas sobre GNU
The FSF is taking nominations for its two annual awards, the Award for the Advancement of Free Software and the Award for Projects of Social Benefit. Submit your nominations for the 2008 Free Software Awards -- Nominations are requested by 31 October 2008.
The FSF has published an article revealing the restrictions Apple is using to block GPLv3-covered software from its iPhone platform, to prevent users from sharing and modifying free software on their portable computers. Please read and share the article with your friends, family, colleagues and collaborators.
Read and share these 5 reasons to avoid iPhone 3G with friends, family and coworkers. The iPhone's DRM prevents free software from being run on it at all, and gives Apple the authority to determine what can legally be installed by anyone on their own mobile computer.
Para outras novas, como para elementos que adoitaban estar nesta sección de Novas sobre GNU, ver Que novidades hai sobre o Proxecto GNU.
Tomar medidas
- GPLv3: Participe no borrador de GPLv3.
- Para o mundo: Asine a petición da comunidade Doom para liberar o código fonte dos xogos Heretic e Hexen.
- Proxectos prioritarios: Contribúa nestes proxectos aos que actualmente estamos a dar relevancia: Controladores de vídeo 3D para o software libre, desenvolver un entorno libre compatible para Google Earth, BIOS Libre, Xiph.org e protocolos gratuítos da Internet, depuración de erros reversible para GDB, e Gnash (Reprodutor Flash GNU).
- Contribución a longo prazo: Por favor, contribúa coma usuario ou para desenvolver GNUstep, un marco libre orientado a obxectos para o desenvolvemento de aplicacións.
- Cidadáns dos EE.UU.: Asine a petición da EFF a favor de compartir música.
- Cidadáns dos EE.UU.: Apoiar o coñecemento público en contra de "broadcast flag".
- Para o mundo: Facer un chamamento á OMPI para cambiar o seu nome e a súa misión .
- Para o mundo: Dar a coñecer os perigos do Tratado de Difusión da OMPI.
- Para Europa: Loita contra as patentes de software.
- Cidadáns dos EE.UU.: Asine a petición contra a patente de software e a DMCA.
- Contribución a longo prazo: Facerse cargo dun paquete de GNU sen mantemento: a2ps, fontutils.
- Engadir elementos ó Directorio de Software Libre..